Prado: “O hospital funciona como un gran ambulatorio”

     VILAGARCÍA> A parlamentaria do BNG Montse Prado visitou esta mañá o Hospital do Salnés. Reuníuse con representantes da Xunta de Persoal para analizar os problemas do centro

    {flowplayer}images/salnes/BngHospitalSalnes_080413.flv{/flowplayer} 

    Xunto á deputada autonómica, Montse Prado, estiveron outras membros do BNG do Salnés como Xoán Antonio Allegue ou a voceira en Vilagarcía, María Villaronga. Todos eles escoitaron de voz do presidente da Xunta de Persoal os problemas e necesidades que ten arestora o Hospital do Salnés.

    A ampliación das instalacións sigue enriba da mesa e Montse Prado comprometeuse a preguntar no Parlamento en que punto se atopa a contratación desas obras.

    Segundo Montse Prado o Hospital do Salnés funciona arestrora como un gran ambulatorio. Precisa moitas melloras tanto nas súas infraestruturas como no número de facultativos.

    O Presidente da Xunta de Persoal, Ramón Barreiro, agradeceu a visita dos representantes do Bloque. Sinalou que a día de hoxer se están a producir no centro esperas de entre 2 e 5 días para atención primaria. Solicitou ó goberno autonómico a súa implicación tanto para mellorar este como outros centros da comarca.

    Redaccion Salnés