CAMBADOS> En Cambados, uns veciños da Modia reclaman a construción dun muro que o concello lle prometeu hai meses. O goberno local comprometérase a erguer esa construción trala ampliación dunha pista, pero 6 meses despois, as dúas vivendas afectadas non viron resolto aínda o seu problema.
O pasado verán, o Concello de Cambados decidiu intervir neste camiño da Modia, transformado un antigo serventío na actual pista. A ampliación da vía supuxo a construción de varios muros en distintas parcelas, como este que ven, para evitar que o desnivel e que, polo tanto, o camiño acabase desfacéndose co paso dos invernos.
O problema é que nin a Consuelo nin ó seu veciño do lado se lles construíu o muro que o goberno local lles prometeu. Segunda asegura esta veciña, esa actuación debería terse feito enriba deste vello muro.
Pero pasaron xa seis meses e o novo muro nin está, nin se lle espera. O que ocorre agora é que a vella construción viuse moi danada nos últimos anos, e algunha das súas pedras mesmo xa se acabaron vindo abaixo.
Consuelo denuncia que o concello se comprometeu con ela e co seu veciño a construí-lo novo muro, agora que o terreo pasou a titularidade municipal. Para esta veciña, o goberno local está tardando moito en actuar e mesmo faltando á verdade. Consuelo agarda que o problema se resolva canto antes. De momento, recibiu o compromiso do concello de que esta mesma semana os técnicos pasarán pola Modia para tentar axiliza-los trámites e comeza-la redacción do proxecto.