Sanxenxo reúne á cúpula nacional do PP na escola de verán do partido

    escola_veran_pp_100.jpgSANXENXO > Practicamente a cúpula nacional do PP ó seu completo asistiu esta mañá a inauguración da escola de verán da formación política que se desenvolverá

    … esta fin de semana en Sanxenxo. A Secretaria Xeral do PP, María Dolores de Cospedal, a Portavoz popular no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría e os Vicesecretarios Xerais Javier Arenas, Ana Mato e Esteban González Pons son algúns dos dirixentes do partido que van debater ó longo destes tres días as posibles saídas á actual crise económica que atravesa o país, a temática na que se vai centrar este ano a escola. Tamén estivo esta mañá en Sanxenxo o Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que pechará o curso o domingo xunto co Presidente nacional, Mariano Rajoy.

    Destas xornadas, aseguraron esta mañá os populares, van saír unha serie de receitas para facerlle fronte á crise. Unhas medidas que lle van ofrecer ó Partido Socialista para que as poña en práctica, xa que o Goberno , din, non conta con ningunha outra alternativa para saír da crise. Unha situación, insistiron, que lle está a afectar a toda Europa, pero da que España vai ser o país peor parado, xa que o seu Goberno non está a facer nada por superala.

    A austeridade nas administracións públicas e a baixada dos impostos son algunhas das propostas do PP, quen tamén fixo esta mañá alusión á Galicia e ás vindeiras eleccións autonómicas. Con unha taxa de inflación catro décimas por encima da media nacional, subliñaron que a comunidade vai ter afrontarse en desvantaxa á difícil situación económica actual, pero tamén se mostraron optimistas en canto os comicios autonómicos, dos que non dubidan, o PP, saia gobernando Galicia.

    Redacción Salnés