Dende onte martes Canalriasbaixas emite exclusivamente en dixital dende Xiabre

    tdt100_190110.jpgSALNÉS> Canalríasbaixas fixo na tarde de onte o seu apagón analóxico. Dende as 15:30 horas o repetidor de Xiabre emite dende a mesma Canle 47 pero só en dixital.

    {flowplayer}images/salnes/tdt_200110.flv{/flowplayer} 

    Canalríasbaixas procedeu onte ó seu apagón analóxico. O noso repetidor de Xiabre que ven emitindo na Canle 47 de UHF dende 1994, pasou a facelo exclusivamente na TDT, na mesma ubicación, na Canle 47.

    Este cambio significa un paso cara o futuro e beneficiará ós nosos telespectadores que reciban o sinal de televisión dende Xiabre ó que sucede fundamentalmente nos concellos da comarca de Caldas,(Pontecesures, Valga, Moraña, Cuntis ou Catoira) na zona norte da comarca do Salnés, (Vilagarcía, Vilanova, Meis ou Ribadumia) e na Comarca do Barbanza (Rianxo, Dodro, Rois ou Padrón, entre outros concellos). Todos eles serán os beneficiados desta nova emisión.

    Se aínda non nos teñen sintonizados en TDT, facelo é moi sinxelo:

    1. Abrir o menú do seu televisor.

    2. Acceder á configuración técnica.

    3. Sintonía manual.

    4. Introducir a Canle 47.

    5. Confirmar a selección.

    Logo, memorícenos na canle 7. Se cos pasos anteriores non funciona probe con "búsqueda ou exploración automática" ou cunha resintonización total a valores de fábrica.  Se continuase a dar problemas, pode instalar un pequeno amplificador para o que lle recomendamos que contacte co seu antenista de confianza.

    Previsións para as comarcas do Salnés e Caldas 

    Por outra banda, Canalriasbaixas está a traballar para iniciar as súas emisións en TDT dende Monte Castrove cara a zona sur do Salnés, para concellos como Meis, Ribadumia, A Illa, Cambados ou Meaño. Tamén dende o Monte Pastoriza, en Marín, dirección Domaio, para os concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio, entre outros.

    Recomendamos ós nosos telespectadores e antenistas das comarcas do Salnés e Caldas que nos sintonicen preferiblemente pola Canle 47, que é a frecuecnia asignada para a comarca do Salnés por parte do ministerio.

    As comarcas do Barbanza non quedarán atrás. O vindeiro luns 1 de febreiro na Canle 27 de UHF, dende o Monte San Lois en Noia, temos previsto iniciar as emisións en TDT para as comarcas de Muros e Noia.

    Redacción Salnés