O servizo do SPAD de O Grove continua coas actividades formativas de prevención de drogas

    O servizo do spad do Grove continúa coas actividades de prevención de drogodependencias no ámbito escolar,  concienciando ós adolescentes do perigo que entraña o consumo destas sustancias e ós mestres das liñas a seguir na  formación dos rapaces. Por outra banda este ano inciaránse uns cursos formativos dirixidos ós pais e nais, afondando na educación no seo familiar.

    A escola  xoga un papel fundamental a nivel de aprendizaxe aportando capacitación, nivel de coñecemento e valores ós rapaces. Deste xeito a maioría das actividades, organizadas polo spad, en materia de prevención céntranse nestes alumnos, susceptibles do consumo de alcol e drogas. 

    A comunidade educativa e o profesorado constitúe un referente fundamental para os alumnos polo que tamén é necesaria a súa formación nos novos  hábitos dos xóvenes e tamén dos novos consumos. Os mestres poderán aplicar estes coñecementos de prevención nas clases diarias.

     

    Este ano  o servizo do spad inclue actividades dirixidas a formación dos pais. Nestes cursos e charlas os profesionais dan estratexias fundamentais para manexar certas relacións derivadas da adolescencia ou o consumo de drogas e alcol. Actualmente o consumo de cocaína e haxíx aumentou considerablemente entre os rapaces de entre 12 a 18 anos, un dato significativo que non podemos esquecer, ainda que hai que ter claro que a prevención consíguese cunha boa educación dende idades moi tempranas. A primeira reunión de pais e nais desenvolverase este xóves as oito menos cuarto da tarde no local de activiades da ANPA do Colexio Valle Inclán.

    Redacción Salnés