Portos de Galicia redactará un novo proxecto para Pontecesures

    pontecesures100_071009.jpgPONTECESURES> O Porto de Pontecesures será declarado Porto Xacobeo, de cara á celebración do Ano Santo, o que obrigará a acometer nel obras de mellora.

    {flowplayer}images/salnes/071009_porto_pontevecesures.flv{/flowplayer} 

    Cambio de rumbo no proxecto de mellora do Porto de Pontecesures. O presidente de Portos de Galicia anunciou hoxe que se vai prescindir do proxecto de mellora, redactado no ano 2007 pola Xunta do bipartito. No seu lugar vaise redactar outro plan de obra máis ambicioso.

    O novo proxecto de mellora do peirao vaise elaborar nunha mesa de traballo composta polo concello e o ente Portos de Galicia. Segundo a versión oficial o novo documento estará rematado no ano 2010, no que se procederá á súa licitación.

    Tratará de correxir as deficiencias actuais deste peirao fluvial, moi deteriorado. A alcaldesa de Pontecesures explicou hoxe ó director de Portos de Galicia, as necesidades máis inmediatas.

    Estas melloras de menor envergadura vanse acometer de xeito inmediato, segundo o presidente de Portos de Galicia. Namentres se redacta o proxecto de mellora integral do peirao, vaise acometer un plan de choque, paralelo que inclúe obras menores e moi necesarias, como a adecuación de rampas, os accesos ós pantaláns, colocaranse novas barandillas e porase novo mobiliario urbano e xardinería.

    Todo un lavado de cara para un peirao que será nomeado Porto Xacobeo, nos vindeiros meses.

    Redacción Salnés