Medio Rural apoia a restruturación e reconversión dos viñedos

VILAGARCÍA> Dende o ano 2000, a Consellería do Medio Rural ten en marcha unha liña de axudas para a restruturación e reconversión do viñedo. Neste tempo, xa son case 9.500 viticultores en toda Galicia os que se teñen beneficiado destas achegas. Nesta convocatoria de 2017, foron en total 62 os viticultores aos que se lles concederon estas axudas. O importe en conxunto supera os 726 mil euros, polo que o número de beneficiarios incrementouse nun 17% respecto da convocatoria anterior. O perfil dos solicitantes é moi variado. Falamos con Evaristo Rodríguez, Xefe da área de Vilagarcía.