Bernabé Piñeiro postúlase como candidato do PSOE de Noia

    NOIA> O actual concelleiro de seguridade de Noia, Bernabé Piñeiro, presentou a súa candidatura para liderar o proxecto socialista de cara ás eleccións municipais. Deberá medirse nas primarias deste venres co candidato proposto pola executiva, Miguel Paz. Tras coñecerse a elección de Miguel Paz por parte da executiva local do PSOE de Noia, Bernabé Piñeiro formalizou a candidatura alternativa coa que concorrerá ás primarias que se celebrarán este venres día 20. Bombeiro de profesión e concelleiro na actual corporación, este noiés de trinta e seis anos aspira a loitar pola alcaldía de Noia co firme obxectivo de frear a maioría conservadora e dar continuidade ó labor feito polo goberno socialista nestes anos. Será o vindeiro venres cando a militancia decida se Piñeiro lidera a lista do PSdeG noiés. De non ser así, tende á man á integración poñéndose a disposición do partido para colaborar nun proxecto conxunto polo ben de Noia. Polo momento continúa aberto aínda o prazo para a presentación de novas candidaturas aínda que parece improbable que xurdan novos aspirantes. O día 20 ás cinco da tarde darán comezo as votacións que se prolongarán ata as dez da noite cando se fará público o nome do novo candidato do PSOE. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/16/candidaturaalternativapsoenoia1602151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/16/candidaturaalternativapsoenoia160215.mp4{/flowplayer}