RIBEIRA> Fronte a aposta do goberno local por un modelo privado, o BNG de Ribeira propón a creación dunha residencia pública. Critican ademais que se pretenda ceder un espazo público, de titularidade municipal, a unha empresa. Se ben defenden a necesidade dunha nova residencia no municipio, o BNG aposta por unha residencia cen por cento pública. Entenden que os terreos son de titularidade municipal polo que critican a intención do executivo de cedelo a empresas privadas. Segundo os nacionalistas, a creación de residencias públicas debería ser unha prioridade para o goberno galego posto que a comunidade está por debaixo da media tanto en número de prazas como en tempos de espera. Neste sentido, O BNG trasladará ó Parlamento Galego unha proposta para incrementa o número de prazas de residencia públicas.
Inicio BARBANZA