Os veciños esixen unha solución para os verquidos do río Currás

    curras100.jpgVILANOVA > O tenente alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Tourís xunto cos dous dos representantes dos veciños afectados acudirán á reunión…

    …solicitada polo concello co organismo Augas de Galicia pola problemática existente no río Currás. As continuas verteduras ás augas pluviais estragaron un espazo natural que os veciños das parroquias Vilanovesas queren recuperar.

    Unha demanda as dos veciños afectados de Vilanova de Arousa que se arrastra dende fai anos. Os continuos verquidos incesantes ó río Currás provocaron hai uns meses que os veciños se mobilizaran e trasladaron a súa protesta ó concello quen solicitou unha xuntanza con Augas de Galicia que é o ente competente na materia.

    O vindeiro 5 de Agosto foi a data elixida para o encontro onde se valorará sobre todo o dossier elaborado polos veciños que amosa o constante deterioro do río Para os veciños as verteduras que chegan ó río e a falta de saneamento provocaron a actual situación na que se atopa o río Os afectados cren que o principal impedimento para solucionar a problemática é a falta de entendemento entre Augas de Galicia e o Concello, alegan que ámbolos teñen intereses distintos.

    Redacción Salnés