O concello de Rianxo asume o arranxo das filtracións na gardería

    RIANXO> O concello de Rianxo asumirá con fondos municipais as obras de mellora na gardería infantil. A intención do executivo é iniciar os traballos de contado, para evitar que interfiran o máis mínimo co comezo do curso escolar. A falla de fondos por parte da Xunta para arranxar as deficiencias da escola infantil de Rianxo motivou que o concello habilitara unha partida dos fondos propios para asumir esta actuación. Investiranse preto de quince mil euros na reparación da cuberta para evitar os problemas de filtracións e procederase a pintar as O executivo solicitara ó Consorcio de Igualdade e Benestar que asumise estes traballos. Un equipo de técnicos visitou as instalacións hai semanas para elaborar un proxecto pero finalmente a Xunta decidiu no financiar as obras, ante a falla de orzamento. A prioridade do executivo agora é mellorar as instalacións para dar un servizo axeitado ós usuarios. Nun futuro buscarán a compensación do Consorcio asumindo outras tarefas de mantemento ou reparación no centro.