Eroski Center inaugura o supermercado do Terrón o día 28

    eroskicenterterron100_230307.jpgVILANOVA > Vilanova contará este mes cun supermercado Eroski Center, nas inmediacións da rotonda do Terrón.

    Vegalsa e o Grupo Eroski continúan medrando en Galicia. O vindeiro mércores día 28 abrirase en Vilanova de Arousa un novo supermercado Eroski Center nas inmediacións da rotonda do Terrón, que dá acceso á ponte da Illa. A inauguración oficial terá luhar ás oito da tarde coa presencia de responsables do grupo Vegalsa en Galicia e de diversas autoridades locais, ademais do cura párroco de Vilanova, que bendecirá o local. Estes días ultímanse os preparativos para poñer a disposición dos veciños de Vilanova e o seu entorno unha superficie de sala de vendas de 1.410 metros cadrados, cun horario de apertura de 10 da mañá a 10 da noite.

    eroskicenter200_230307.jpgO cliente poderá atopar un amplo surtido en productos de alimentación, ultramarinos, líquidos e droguería. Destaca sobre todo pola súa oferta diaria de productos frescos da zona, con pescadería, froita, verdura e hortalizas baixo a marca de calidade Eroski Natur, charcutería e carne comprada a gandeiros do país e destacando a carne de Terceira Galega, e unha ampla gama de derivados lácteos. Ademais tamén poderán adquirir productos de panadería de elaboración propia, unha ampla gama que supera os oito mil productos.

    O Eroski Center do Terrón ofrece ós seus clientes un aparcamento gratuíto con 106 prazas. Outros servizos para facilitar as compras dos consumidores serán a entrega a domicilio, ou a tarxeta Eroski/Red, coa que poderán abonar as súas compras sen coste adicional algún. E como premio á súa fidelidade, os clientes poderán beneficiarse de viaxes e agasallos a través do programa Travel Club. No supermercado de Vilanova o grupo investiu preto de millón e medio de euros e xerará arredor de 31 empregos directos, ademais de traballar con productores e fabricantes da zona.

    Redacción Salnés