![]()
CAMBADOS> Segundo o concelleiro nacionalista, Víctor Caamaño, a transición de Tourís non foi tan tranquila como aparenta.
Segundo Víctor Caamaño a renuncia de Anabel Carro como primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura demostra conflitos de intereses entre os membros da corporación local.
Carro era a segunda na lista local de Cambados. Polo que lle correspondía substituír ao primeiro edil, José Manuel Cores Tourís, que abandonou a alcaldía de Cambados para asumir a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra. Foi o terceiro na lista do PP local, Luis Aragunde o que ostenta agora o cargo de alcalde, trala renuncia de Anabel Carro.
Carro deixou o goberno local para asumir o seu novo posto, como asesora de Cores Tourís na delegación territorial da Xunta. O BNG culpa ao PP de darlle un posto a Carro, na administración autonómica, para resolver un conflito interno na corporación local.
Os nacionalistas solicitan que Anabel Carro deixe de presidir a Fundación Cabanillas, que encabezaba cando era concelleira de Cultura. Víctor Caamaño pediu hoxe que se democratice esta agrupación cultural que, ata o de agora, dirixía e encabezaba Anabel Carro.
O BNG lamenta que o PP teña monopolizado os últimos plenos municipais, con renuncias e tomas de posesión do equipo de goberno. Agora os nacionalistas esperan que os que xa non están no concello non tomen decisións de ámbito municipal, en ningún área.
ARAGUNDE NEGA PROBLEMAS INTERNOS
O recen nomeado alcalde de Cambados e sucesor de Tourís, Luis Aragunde, desmentiu hoxe as acusacións do BNG. E culpou aos nacionalistas de inventar polémicas en casa allea, para tapar os problemas internos no seu propio partido.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/120509_BNG_cambados.flv{/flowplayer}







