A Deputación subvenciona ós regatistas Antón Paz e Fernando Echavarri

    dv798_-_foto_depu_100.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra fixo entrega esta mañá das axudas ós deportistas olímpicos pontevedreses,…

    … Antón Paz e Fernando Echavarri.Con esta achega, estes regatistas da clase Tornado só terán que pensar no puramente deportivo á hora de afrontar os vindeiros xogos olímpicos de Peking.

    Todo está listo no tocante ó adestramento para unha proba que, a priori, non se presenta nada doada e que transcorrerán entre o 14 e o 21 do mes que ven. Ademais da axuda, estes deportistas que recuncan nas olimpiadas por segunda vez, recibiron os mellores desexos do titular do departamento autonómico.

    De aquí, este dúo partiu a ultimar todos os detalles antes da súa partida para a China o vindeiro mércores,día 30 deste mes.

    Redacción Salnés