Atracan e agreden a unha veciña de Boiro dentro da súa propia casa

    atracovivendagraso.jpgBOIRO>  O suceso producíase a última hora da tarde de onte no lugar de Graso na parroquia boiresa de Abanqueiro.

    {flowplayer}barbanza/atracovivendagraso.flv{/flowplayer}

    Segundo informaron fontes policiais o atraco producíuse ó redor das oito e media da noite de onte neste chalet situado no lugar de Graso . Ó parecer e segundo os datos ós que tivo acceso esta redacción, a propietaria da casa, unha muller de 62 anos, viuse abordada por dous individuos que a agardaban á entrada da vivenda. Nun primeiro momento golpeárona e posteriormente axudados por pistolas con descargas eléctricas lograron retirarlle o bolso, onde ó parecer levaba unha importante suma de diñeiro en metálico, ó redor duns tres mil euros.

    Agresións

    A consecuencia dos golpes e as descargas a muller tivo que ser trasladada ó hospital da Barbanza onde continúa en observacións.

    A Garda Civil de Boiro continúa coas investigacións para dar co s posibles autores dos feitos.

    Redacción Barbanza