A décima Feira Franca fai historia cun record de participación

    feirafranca_100_070909.jpgPONTEVEDRA> Miles de persoas reviviron os costumes medievais nunha cita festiva que aspira ó título de Interese Turístico Galego.

    {flowplayer}images/salnes/lores_en_feira_franca.flv{/flowplayer}

    O sábado Pontevedra fixo unha viaxe á época medieval. O ambiente do século XV impregnou tanto ós habitantes do lugar como a aqueles que viñan de paso. E iso fixo que se participase activamente nesta festividade, facendo que fose a máis multitudinaria de todas estas dez edicións. A comida foi un dos puntos fortes. Organizáronse un total de 220 xantares e ceas no casco antigo e noutras rúas do entorno. Miles foron as persoas que se decidiron a probar os pratos onde o produto estrela foi o porco en todas as súa variantes. Tampouco faltaron os postos instalados nas distintas rúas onde se podían atopar doces, produtos de artesanía ou artigos de saúde e beleza feitos con elementos naturais.

     A praza da Ferrería ou a rúa Méndez Núñez foron os escenarios para que os antigos mestres das máis diversas profesións, como ferreiros, palilleiras ou canteiros, ensinasen a todos aqueles que se achegaron en que consistía o seu oficio. Mentres tanto os cabaleiros loitaban nas famosas xustas medievais, celebradas na praza de touros.

    A noite foi un dos momentos onde se reuniu maior cantidade de xente, que acudiu ata Pontevedra para pasar unha noite de festa en tranquilidade. O bo sistema de seguridade empregado evitou accidentes de gravidade, con todo catorce persoas tiveron que recibir asistencia médica.

    O éxito desta edición fixo que o concello iniciase as xestións precisa para converter a Feira Franca en festa de Interese Turístico Galego.

    Redacción Salnés