O BNG da Pobra reclama novamente o arranxo da área de lecer da Alta

POBRA> Os nacionalistas critican o escaso interese do equipo de goberno á hora de ter en boas condicións este tipo de espazos para disfrute de veciños e visitantes. Non é a primeira vez que o BNG leva ó pleno unha iniciativa coa que reclama o arranxo e o acondicionamento desta zona de lecer situada na contorna do campo da Alta, na zona de Cabío. Nin antes o Partido Popular nin agora o goberno de Nós Pobra mostraron o máis mínimo interese polo seu arranxo, polo que dende a formación frentista volven a insistir na necesidade de acometer unha actuación de mellora deste espazo recreativo. Para o BNG trátase dunha zona moi concurrida, principalmente na época estival, polo que piden o seu arranxo urxente, evitando así o estado de abandono na que se atopa actualmente.