Afectados por Megasa denuncian novas emisións tóxicas

    megasa100_280708.jpgVILAGARCÍA > A Comisión Cidadán de Afectados por Megasa denunciou no Seprona e Medio Ambiente novas emisións contaminantes.

    A comisión de afectados por Megasa denuncia novas emisións contaminantes da factoría de Vilagarcía. Os veciños do entorno das Carolinas afirman que o pasado luns puideron apreciar como os efectos das emisións tóxicas de Megasa volvían a sentirse, padecendo cheiros e dificultade para respirar. Ese mesmo día deron parte ó Seprona e á Consellería de Medio Ambiente. Segundo os afectados, desde o gabinete autonómico puxéronse en contacto de forma inmediata coa empresa e puideron corroborar estas emisións tóxicas, que a empresa xustificou alegando unha avaría puntual no incinerador.

    A comisión considera que estas novas emisións corroboran os argumentos que esgrimen desde hai tempo para reclamar o traslado da metalgráfica a un polígono industrial. Indica ademais que o sucedido o luns demostra que o filtro instalado pola empresa para evitar as emisións non é eficaz, e cre que se debería complementar cun sistema de control que detivese a producción en caso de avaría.

    Redacción Salnés