Encontro para coñecer as demandas laborais do sector vitivinícola e agroforestal en Meis e Ribadumia

MEIS> Meis, Ribadumia e a Acción contra a Fame van da man para coñecer as necesidades reais de contratación en sectores clave na zona como o vitivinícola e o agroforestal. Este venres organizaron un encontro con representantes de adegas, comunidades de montes e empresas agroforestais. Un encontro que se enmarca dentro das Escolas Inclusivas de Emprego destes dous municipios e a ONG e que permitirá adapatar as futuras formacións ás demandas dos sectores.

A I Mesa Sectorial Vitivinícola e Forestal enmárcase dentro das Escola Inclusiva de Emprego de Meis e Ribadumia de Acción Contra a Fame. Un traballo que botou a andar hai un ano e que agora se materializa nun encontro ao que estaban convocados representantes de adegas, comunidades de montes e empresas de do sector agroforestal.

No encontro identificáronse as necesidades reais de contratación, o que permite agora deseñar accións formativas adaptadas. Ambos sectores demandan manexo de maquinaria. No caso do vitivinícola, poñen o foco en formación sobre fitosanitarios e poda.

Meis e Ribadumia destacan a utilidade deste encontro, coa vista posta nas persoas desempregadas que agora poden optar a esa formación na procura dun posto de traballo.

As accións formativas no marco desta Escola Inclusiva de Emprego de Meis e Ribadumia de Acción Contra a Fame arrancarán a mediados de marzo. Dende a ONG fan un chamamento ás posibles persoas interesadas a que pidan información.

A previsión é que se ofrezan 25 prazas por curso.