![]()
VILAGARCÍA> Rocío Llovo presentou o borrador da ordenanza municipal que regulará a instalación de antenas de telefonía no municipio.
{flowplayer}images/salnes/FoleIdentificacions_100513.flv{/flowplayer}
Hoxe houbo Xunta Goberno en Vilagarcía. O alcalde Tomás Fole compareceu posteriormente en rolda de prensa para facer repaso da actualidade do concello.
Un dos puntos do día a tratar foi a nova ordenanza municipal que regulará a instalación e funcionamento das antenas de telefonía. Unha moción que fora presentada polo BNG no pleno de febreiro e que acolleron dende o goberno para redactar un primeiro borrador que regula as condicíóns urbanísticas e medioambientais ás que se deben someter este tipo de antenas. Este borrador se lle achegará ós grupos da oposición para tratar de sacar a súa aprobación no pleno de maio ou xuño a máis tardar.
Tamén houbo boas novas no tocante ás arcas municipais. Tomás Fole dixo sentirse tranquilo despois de facerse efectiva a devolución do IVE no caso Fexdega. Algo máis de 1,2 millóns de euros que serán destinados a pagar débedas contraídas principalmente coa Consellería de Industria e con entidades financieiras a través de pólizas de crédito.
Fole engadíu que dende Ravella siguen coas negociacións e buscando apoios na Xunta para poder evitar o pago ó Ministerio de Industria e Turismo de 1,3 millóns de euros en concepto de intereses de demora polo proxecto Luz Salgada.
O alcalde volveu a referirse a Fexdega en relación ó proxecto das pistas de padel, algo que de momento non vai nin cara adiante nin para atrás.
Redacción Salnés








