Martín Códax clausura o seu circuíto de golf

golf250_010808.jpgMEIS > O Circuíto Martín Códax de golf clausurouse hoxe no campo Monte Castrove de Meis. A parella José Benito Vázquez e Álvaro Ferreiro foi a gañadora na Primeira Categoría, mentres que Rafael Simón e Ignacio Herrero leváronse o primeiro premio en Segunda Categoría.

A final desenvolveuse esta mañá no campo de Meis onde participaron un total de dez parellas por cada categoría. O calendario do circuíto incluíu un total de seis xornadas de clasificación, que se celebraron nos campos de golf de Málaga, Lugo, Mondariz, A Coruña e Meis, aínda que só se puideron celebrar cinco delas, porque a que estaba prevista onte en Monte Castro tivo que suspenderse polo mal tempo.

A competición iniciouse o pasado mes de maio en terras andaluzas e hoxe clausurouse cunha comida de confraternidade e a entrega de premio na adega cambadesa Martín Códax.

Redacción Salnés