O Sanxenxo busca prolongar ante o Ourense o efecto Piscis

SALNÉS> Esta xornada destaca sobre o resto o encontro de Baltar de Arriba entre Sanxenxo e Ourense, enfróntanse o último contra o primeiro clasificado. Ademais, o Vilalonga desprázase ó campo dun Vilalbés en crise de resultados.

Catro partidos leva sen coñecer a victoria un Vilalbés que despois de ser líder do campionato durante case toda a primeira volta, agora semella metido nun pozo, sobre todo despois da derrota a semana pasada ante o Alondras por 4-1. Un partido que  chega nun bo momento para o Vilalonga, que quererá sacar algo positivo da Magdalena. Sen embargo os problemas de Gabi Leis para este partido complícanse na defensa, porque ademais da ausencia de Tachi, o arxentino Leo está sancionado e será baixa segura.

Como baixa tamén será José Ángel no Sanxenxo, neste caso por acumulación de amarelos. Ausencia importante nos esquemas de Piscis que tentará seguir ilusionando a plantel, directiva e afección despois do seu gran debut no banquiño cunha victoria a domicilio en Ponteareas.

Son nove os puntos que os separan da permanencia e sumar ante o líder suporía un reforzo moral importante. O Ourense será o cuarto dos grandes en pasar por Baltar de Arriba. Xa o fixeron Ferrol, Pontevedra e Depor B.

O conxunto das Burgas non quere deixar escapar a oportunidade de ser primiero este ano e estase a amosar como o equipo máis regular e fiable da competición pese ós problemas que teñen para facer gol.

Redacción Salnés