Dimite Isaac Fernández. Tito Díaz ocupará o seu cargo.

isaac250_270109.jpgVILAGARCÍA> A última derrota colleitada ante o Estudiantes precipita a saída do técnico catalán tras oito anos enrolado ó club vilagarcián. Tito Díaz asinou esta mesma tarde ata final de temporada.

Despois dunha reunión mantida onte á noite coa directiva do club, ambas partes chegaron a un acordo para a desvinculación do técnico catalán co club. Nesa reunión Isaac Fernández dixo sentirse incapaz de revertir a situación crítica que atravesa o equipo este ano na Liga.

O seu reemplazo non se fixo agradar. Ás 16:20 desta tarde Tito Díaz asinaba como novo adestrador para o que resta de temporada. Apenas dúas horas despois dirixía o seu primeiro adestramento en Fontecarmoa logo de manter unha charla en vestiarios coas xogadoras.

Tito Díaz é un home con experiencia en varios conxuntos galegos e afincado en Vilagarcía, de feito as súas fillas xogan nas categorías inferiores do Extrugasa. Chega co claro e difícil obxectivo de acadar a permanencia en Liga Feminina do conxunto vilagarcián.

Redacción Salnés