A nova EDAR mellora nun 98 por cento a calidade das augas que emite ó mar

    depuradora100_010808.jpgVILAGARCÍA > As melloras realizadas na depuradora de augas residuais de Ferrazo permitiron mellorar a efectividade a case un 98 por cento.

    {flowplayer}images/salnes/depuradora_ferrazo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > As melloras realizadas na depuradora de augas residuais de Vilagarcía permitiron mellorar a efectividade a case un 98 por cento. A alcaldesa Dolores García e o edil de Obras e Servizos, Manuel Rodríguez Cuervo, comprobaron hoxe o funcionamento da planta situada en Ferrazo.

    A principal novidade é que a EDAR conta xa con tratamento terciario, polo que as augas que van á ría quedan libres de bacterias. O líquido, xa depurado, sae ó mar a través dun emisario que está a catro quilómetros da costa. Nesta planta investíronse máis de 700.000 euros, cos que se mellorou o pretratamento das augas residuais, onde se lle separan as graxas e a area. Nesta fase introduciuse un desareador automático, un axitador para evitar a sedimentación de areas, e unha bomba de graxas, entre outras modificacións.

    Nos tanques de tratamento biolóxico incorporouse un filtro novo. Pero a principal novidade é a maquinaria para a eliminación de bacterias do caudal tratado nesta planta, antes do seu vertido ó medio mariño, función que realiza un equipo de desinfección por raios ultravioleta. O responsable de Espina y Delfín indicou que non se utiliza ningún tratamento químico nesta EDAR, a excepción do proceso de deshidratación de fangos para poder secalos.

    Redacción Salnés