Conservas e viños volven maridar na II Ruta de Tapas A Orixe

A POBRA> A Mancomunidade Barbanza Arousa segue a traballar na dinamización do xeodestino con diversas iniciativas. Nesta liña vai poñer en marcha a segunda ruta de Tapas de Conservas A Orixe na que participan 35 establecementos hostaleiros de toda a comarca.

As conservas do Barbanza e os viños da IXP Terras do Barbanza e Iria irán da man na Ruta de Tapas Conservas A Orixe que promove a Mancomunidade Barbanza Arousa.

O obxectivo é promover Arousa Norte como un destino enogastronómico, dado o gran potencial do noso terriotrio nestes ámbitos.

A organización desta roteiro é posible grazas á colaboración de Jealsa que achegará dúas mil latas de diversos produtos para a elaboración das tapas.

A ruta Dará comezo este fin de semana na Pobra e continuará  en Boiro e Ribeira para finalizar en Rianxo o 19 de xuño. As tapas poderán adquirirse a un prezo de 2’5 euros. Ademais da presentación desta iniciativa, a Mancomundiade procedeu tamén á entrega de premios do concruso de tapas desenvolvido en novembro na comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí