O Viajes InterRías volve ó traballo a vindeira semana

interrias_250.jpgSANXENXO > O Viajes InterRías comeza a nova andadura o luns co obxectivo de regresar á Primeira Nacional A de Fútbol Sala. Os xogadores estarán a primeira semana ás ordes do preparador físico Bruno Varela, …

… á espera nos próximos días do que será o novo adestrador, o tamén xogador Beto. Este chegará de Brasil trala primeira semana de adestramento para porse ó mando do equipo cun único obxectivo, o ascenso. O brasileiro espera que o club fiche algún reforzo máis tralo retorno dos irmáns Gasamanes, Marcos e Diego.

Desde a dirección deportiva do club esperan facerse co servizo dalgún xogador máis nos próximos días que podería chegar dalgunha categoría superior. Así, xunto a Beto e o bloque da temporada pasada, Pibe, Lito, Luis, Bruno, Néstor e Salgueiro, ademais dos xogadores que formaban o ano pasado o filial Rubén e Pupin, esperan facer un bloque o máis competitivo posible, tendo en conta o difícil que estará o ascenso.

PATROCINIO 

A pesar do descenso de categoría, a axencia de viaxes InterRias de Sanxenxo volverá apostar polo club de Portonovo. Entre ambos queren facer un proxecto novamente ambicioso para lograr o ascenso e así retomar a categoría de bronce do fútbol sala español. O club, que volverá a denominarse Viajes InterRias Sanxenxo Fútbol Sala, conta co máximo apoio da axencia de Sanxenxo para intentar formar un equipo competitivo que lle permita loitar por un ascenso que os colocaría de novo en primera categoría, na que militou os últimos tres anos.

Desde a directiva do club amosan a súa satisfacción polo acordo alcanzado novamente tralo descenso: ‘contar co apoio dunha identidade desta categoría é moi importante para o noso proxecto’, comentou o vicepresidente Maximino González.

Redacción Salnés