Pontevedra acollerá o Campionato de España de Loitas Olímpicas de escola e cadetes

Pontevedra> Esta fin de semana, o sábado 17 de marzo, o Pavillón Municipal de Deportes  de Pontevedra, acollerá o campionato de España de Loitas Olímpicas nas categorías escola e cadete. Unha cita onde participarán 375 deportistas e que se desenvolverá de 10:00 a 13:30 e de 14:30 a 20:00.

O Pavillón Municipal  de Pontevedra acollerá o próximo sábado 17 de marzo os campionato de España de Loitas Olímpicas, nas categorías escolar e cadete, unha cita que será o preludio do europeo que acollerá a Boa Vila no vindeiro 2019.

Unha cita na que participarán 375 deportistas, deles 175 están na categoría de Idade Escolar e 200 en cadete. Os máis pequenos, os escolares competirán pola mañá, en horario de 10:00 a 13:30 e os cadetes pola tarde en horario de 14:30 a 20:00.

Estes campionatos de España de Loitas Olímpicas axudarán a visibilizar un deporte, hoxe en día, minoritario mais que está crecendo e un chanzo máis cara a grande cita do próximo ano: o Campionato de Europa Junior. A selección Galega de Loitas Olímpicas agarda estar no podio nas seis competicións que se van a celebrar. Nesta mañá dende a Federación quixeron lembrar que Galicia é un referente nacional nas Loitas Olímpicas.