TVSB recibe a insignia de ouro e brillantes no Mexillón de Vilanova

    mexillon_vilanova100_110808.jpgVILANOVA > A Festa do Mexillón dedicou a súa XIV edición ó xornalista Julio Camba e por extensión ós medios de comunicación arousáns.

    {flowplayer}images/salnes/mexillon_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > A Festa do Mexillón de Vilanova dedicou a súa edición número catorce ó escritor e xornalista Julio Camba e por extensión ós medios de comunicación arousáns. O domingo á mañá inaugurouse a escultura elaborada por Lucas Míguez no parque dedicado tamén a Camba, no Esteiro. Un acto seguido por numerosos veciños e autoridades convidadas.

    A segunda parte da homenaxe desenvolveuse desde o balcón do Concello. O pregoeiro, foi nesta ocasión, o director do Diario de Arousa, Antón Xil, que se baseou na ironía de Camba e redactou unha hipotética carta ó xornalista na que comparou Vilanova con China. O Diario de Arousa foi unha das empresas recoñecidas polo Concello de Vilanova coa insignia de ouro e brillantes da Festa do Mexillón, xunto co Faro de Vigo, primeiro xornal que montou delegación propia na comarca de Arousa.

    Tele Salnés Barbanza, tamén tivo a súa insignia. Un dos socios fundadores, Julio Portas, foi o encargado de recoller o premio concedido a Tele Salnés Barbanza, e lembrou que o xerme desta empresa naceu precisamente en Vilanova de Arousa. 14 anos despois, este medio xa conta, ademais da sede central en Ribadumia, cunha delegación propia na Pobra que dá cobertura á comarca da Barbanza e tamén á do Tambre, e proximamente subirase ó carro da Televisión Ddixital Terrestre.

    Redacción Salnés