A vella igrexa da Pastoriza, en Vilanova, converterase nun centro cultural

VILANOVA> A antiga igrexa da Pastoriza, en Vilanova, converterase nun centro cultural. O templo, no que non se dá misa dende hai uns 60 anos, foi obxecto de diversas actuacións de mellora, promovidas por unha comisión de veciños. Agora, a través dun convenio co Concello, as melloras van continuar nos vindeiros meses, co obxectivo de reabri-las súas portas no vindeiro ano.

A vella igrexa da Pastoriza, en Vilanova, caeu en desuso hai 60 anos, indo pedir polas casas ou mesmo vendendo lotaría. Daquela, quedara pequena para acoller a tódolos fregueses da parroquia, o que obrigara a construír unha nova. Coa falta de actividade, o templo foi esmorecendo… ata agora. Un grupo de veciños, constutuídos como colectivo decidiu poñerse mans á obra e rehabilita-lo vello edificio.

Con moita ilusión, pero tamén con moito esforzo deron xuntado os primeiros 60.000 euros, sen axudas da administración. Agora, o Concello e o párroco veñen de asinar un convenio que permitirá darlle á rehabilitación da igrexa o impulso final: impermeabilizaranse as parades, arranxarase o chan e instalarase iluminación. Todo cun obxectivo final: converte-la vella igrexa nun novo centro cultural, en pleno corazón da vila.

A intención é que as actividades culturais poidan arrancar xa no vindeiro ano: contan con que estea lista para a celebración de actos das Xornadas de Valle-Inclán do ano 19, algo moi simbólico tendo que nesta igrexa foi bautizado o ilustre escritor e que, aínda por riba, sitúase a escasos metros da Casa do Cuadrante.

O convenio agora asinado, prolongarase ata o 2038, coa intención de que se poida seguir prorrogando no futuro.