Os traballadores desconvocan a folga de lixo en Vilagarcía

    cespa100_110808.jpgVILAGARCÍA > A última oferta de Cespa gustou ós traballadores e, finalmente, non haberá folga de lixo esta semana en Vilagarcía. O acordo chegou …

    … a última hora do sábado.

    Finalmente Vilagarcía terá servizo de limpeza normalizado durante esta semana de festas. Os traballadores de Cespa, a concesionaria deste servizo, acordaron o sábado pola noite, en asemblea, desconvocar a folga que tiñan previsto iniciar hoxe mesmo, como protesta pola súa situación económica e laboral. E precisamente, a oferta económica feita pola empresa a última hora, ademais do cambio de intencións que se detectou fixeron cambiar a firme decisión dos traballadores.

    O seu obxectivo é unha suba que lle permita cobrar mil euros ó mes de salario base, equiparándose cos seus compañeiros de Pontevedra. A empresa mellorou a oferta inicial presentando unha proposta de convenio con catro anos de vixencia. Para este ano a suba é do 11 por cento, e para 2009, 2010 e 2011 aumentaríase o sete por cento, polo que o Concello achegaría a diferenza do 60 por cento que pedía o comité de empresa.

    A nova proposta permitirá que para 2010 poidan cobrar 983 euros. Un acordo in extremis que permite que as cincuenta persoas que cobren a limpeza e recollida de lixo no concello estean plenamente operativos.

    Redacción Salnés