Os bateeiros piden en asemblea o apoio unánime á futura lei de pesca

    informar43_-_foto_100.jpgVILAGARCÍA > Esta noite os bateeiros membros do comisión negociadora do sector para a formulación da nova lei de pesca da…

    … Xunta de Galicia reuníronse en Asemblea para falar do que vai a supoñer esta nova normativa para este colectivo. Logo de ter elaborado os artigos referentes ó sector miticultor xunto cos seus asesores legais e consensuala co equipo de goberno responsable; esta comisión decidiu ir explicando os seus pormenores en distintas localidades galegas; entre elas Moaña, Boiro, o Grove, A Illa ou Vilanova.

    Agora estes bateeiros pretenden emprender unha segura fase, na que intentan recabar o apoio de tódalas forzas políticas para que esta normativa saia adiante, tal cal eles a formularon co consenso do sector. Entre tódolos temas que recolle esta lei, os bateiros están preocupados principalmente polo artigo 62 do texto; que lles custou máis dun ano de traballo e unha cumprida minuta dos seus asesores legais.

    Estes bateeiros confesaron sentirse abraiados por como de todo este texto só se falou do que atingue o seu sector; un interese que máis tarde se tornou en terxiversación co fin escuro de que o proxecto coñecido como Galicia 2010 non chegase a bó porto. Esta asemblea prodúcese nun momento delicado para o sector debido á ruptura puntual que están atravesando as dúas plataformas do sector mexilloeiro, que deu no actual paro extractivo do producto para a súa venda a fábricas.

    Agustín Pose puntualizou que eles, a principios desta semana paralizaron as súas 2.100 bateas para realizar con xeito os trámites precisos para a súa nova fórmula de comercialización do futuro. Mentres tanto, o sector minoritario está a espera de que os cocedeiros e industrias manufactureiras retomen os pedidos para seguir vendendo como o facían ata o de agora; directamente entre bateeiros e compradores.

    Redacción Salnés