A familia do Arousa rinde a súa homenaxe a Manuel Gallego

busto250_130808.jpgVILAGARCÍA > O Arousa rendíu na tarde de onte unha merecida homenaxe a Manuel Gallego. Familiares deste, xunto coa alcaldesa vilagarcián, Dolores García, o presidente do club José Manuel Gómez descubriron un busto de Gallego que agora presidirá A Lomba dende a tribuna.

O Arousa celebrou onte unha merecida homenaxe o que fora seu presidente, xogador, capitán e artífice de que o campo de A Lomba esté situado onde está.

Este recoñecemento a Manuel Gallego chega no verán no que se cumpren 50 anos da creación do equipo xuvenil do Arousa e así fixéronse coincidir os dous actos. Por iso onte na Lomba déronse cita, ademais de moitos familiares de Manuel Gallego, moitos afeccionados e tamén moitos deses xogadores que formaron parte hai anos do equipo xuvenil e que subiron ó primeiro, entre eles o único internacional absoluto do que presume a historia do conxunto vilagarcián, Manolo Jiménez, un campión do mundo sub-20 coma Pablo Coira, ou Manuel Bugallo, Luis Outes e Gabriel.

Eles e o público asistente gardaron un emotivo minuto de silencio antes de que a alcaldesa descubrira o busto de Gallego.

Todo isto foi entremedias de dous partidos, o primerio o que disputaron os equipos xuvenís de Arousa e Celta de Vigo, con empate a un gol final.

E o encontro máis agardado foi o derbi de terceira división que disputaron Arousa e Céltiga con empate final sen goles. Os dous equipos amosaron aínda estar un pouquiño lonxe do estado de forma idóneo para afrontar a temporada.

Precisamente o conxunto vilagarcián terá o domingo un dos tests máis exixentes desta pretemporada. O Pontevedra Club de Fútbol visitará a Lomba para disputar o Trofeo San Roque. Será o día 17 a partires das 19:00.

Redacción Salnés