Rianxo acollerá este domingo a cuarta edición da travesía a nado

RIANXO> A proba está organizada pola empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, en colaboración co departamento de Deportes. Os afeccionados ó mundo da natación terán unha cita importante este próximo domingo en Rianxo coa celebración da cuarta edición da travesía a nado. A proba, organizada pola empresa Aquafit, que xestiona a piscina municipal, en colaboración co departamento de Deportes, arrancará ás once e media da mañá, dende o porto da localidade, concretamente fronte á confraría vella. Haberá diferentes distancias, incluíndo unha categoría nova de 14 a 18 anos. Dende o concello rianxeiro agradeceron o esforzo e a iniciativa da empresa Aquafit na organización desta travesía, que nun primeiro momento nacía cun carácter amateur, pero co paso das edicións o número de participantes, así coma o seu nivel, vai en aumento. Na competición haberá catro categorías, con distancias diferentes para cada unha delas, de 600, 900, 1.500 e 2.000 metros. Os gañadores de cada unha das distancias conseguirán importantes premios. Na proba xa hai inscritas preto de 150 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí