Tranquilidade ou sufrimento. Esta xornada decide.

futbol250_180408.jpgSALNÉS > O protagonismo nesta xornada recae sobre o que poida acontecer no Salvador Otero entre Céltiga e Negreira, un partido que se antolla clave para os dous conxuntos de cara á permanencia.

Os equipos do Salnés inmersos en problemas teñen esta semana probablemente o seu exame final. Con quince puntos por disputarse aínda, calquera cousa é posible, pero unha victoria agora ante un rival directo conta prácticamente dobre. E é que nestas últimas semanas mírase máis o que poida acontecer na 2ªB co Ourense, que ocupa postos de descenso e que de non mellora-la súa situación provocaría que este ano baixasen catro equipos da Terceira.

Un dos encontros máis dramáticos será o que disputen Céltiga e Negreira o domingo ás 17:00 no Salvador Otero. Se gañan os da Illa descolgarían totalmente ós de Julián Ferreiro. O Negreira partía a principio de temporada como candidato a estar ahí arriba, pero agora suma once partidos sen gañar e a súa situación é máis que preocupante. Se o Céltiga continúa a amosar a boa imaxe dos últimos partidos, non debería ter problema para amarra-los tres puntos.

Tan importante ou máis será o encontro que disputen Betanzos e Portonovo, dous equipos que comezan a respirar un pouco despois de estar toda a temporada metidos ahí abaixo. Os betanceiros perderon trece partidos na primeira volta e nesta segunda tan só suman dúas derrotas, gracias sobre todo ós reforzos que a directiva acadou no mercado invernal, unha traxectoria moi similar á do Portonovo este ano. o que gañe, sabe que estará prácticamente fóra de todo perigo.

Outro dos que está en perigo é o Santa Comba, por iso o Arousa podería facerlles un favor a Céltiga e Portonovo se gañan ós de Gelucho o domingo ás 17:00. Os de Laxes, con 43 puntos e a salvación no peto, non se xogan prácticamente nada. T

ampouco se xoga moito o Vilalonga, que recibe ó Narón o domingo ás 18:00 en San Pedro. Tralo empate da semana pasada en Baltar os de Josiño ven xa a cinco puntos o playoff de ascenso, polo que deberían agardar ós tropezos de Coruxo e Cerceda para meterse nesa fase.

En Preferente Autonómica, o Unión do Grove recibe ó colista Antela e o Ribadumia xoga fóra ante o Melias.

Redacción Salnés