O ‘Pairo VIII’ toma o mando na Rías Baixas Martín Códax

pairoviii_regatamartincodax250.jpgA POBRA > Cambio de líder na Regata Rías Baixas Martín Códax-Gran Premio Portos de Galicia ó remate da segunda etapa celebrada onte entre os portos de Baiona e A Pobra. O ‘Pairo VIII’ patroneado por José Luis Freire impúxose con claridade, e relegou á segunda plaza ó anterior líder, o ‘Bizkaia-Maitena’ de Mikel Emaldi do Real Club Marítimo do Abra de Bilbao.

Na división regata-crucero, a victoria foi do coruñés Malalo Bermúdez de Castro con ‘Solventis’, que lle vale para ameazar seriamente ó ‘Turismo Rías Baixas’ de Gándara xunto co ‘Galicia Xove Caixanova’ de Pepe Lis. No Trofeo El Corte Inglés de clubs o líder pasa a ser o Monte Real Club de Yates de Baiona.

A segunda etapa saíu puntual ó pé da Península de Monte Ferro na boca sur da Ría de Vigo. Con ventos de 6 nós do sudoeste, tomaban a salida os supervivintes das clases ‘cruceiro’ e ‘cruceiro-regata’ con excelente saída a cargo do ‘Terras Gauda’ de Michael Álvarez. Vinte minutos despois saían os do segundo lote, os puras sangue e os de competición de serie, cando xa o viento aumentara e se acercaba ós dez nós de intensidade.

FLOTA MERMADA 

O primeiro obstáculo era a baliza de desmarque situada a unha milla da saída, e nos primeiros compases fixo un bo comenzo o ‘Galicia Xove Caixanova’ de Pepe Lis e o ‘Ourense’ de Luis Pérez Canal. A partir de aquí, co spinnaker izado a flota dixiriuse á temida Costa da Vela onde as tradicionais trampas e pozos fixeron estragos en parte da flota, levando a peor parte os que máis se foron á mar. Entre os máis prexudicados, os ‘Quebramar-Chrysler’ (que parece que di adeu ó Rías), o ‘Etea’ de Fernando Cominges e o ‘Turismo Rías Baixas’ de Javier de la Gándara.

Xa ó través do Camouco no norte das Illas Ons, o vento subeu ós 15 nós de intensidade pero con compoñente oeste. Por segunda vez consecutiva en tempo real impoñíase o xigante do Marítimo del Abra, o ‘Bizkaia-Maitena’ cun crono de 03.25.57, seguido do ‘Etea’ e do ‘Pairo VIII’, que foi quen se levou o gato á auga, nunha categoría, ó imporse na segunda etapa por diante de ‘Castrosúa’ e do ‘Portocaro’ de Juan Miranda. A cuarta plaza foi para o ‘Ourense’ e a quinta para o barco vasco. Con estes datos, Freire é o novo líder, cunha considerable vantaxe sobre os seus rivais (dous puntos sobre ‘Bizkaia’, tres sobre o ‘Castrosúa’ e catro sobre o ‘Ourense’).

Hoxe disputarase a terceira etapa a modo de percorrido entre balizas, con inicio na Pobra do Caramiñal á unha e media da tarde e finalización en Vilagarcía, cunha distancia por cubrir de 16 millas. Tralo desastre do último percorrido, quedan en regata 95 barcos.

Redacción Barbanza