O Club Cisne Balonmano precisa da axuda dos pontevedreses para manter vivo o soño de xogar en Asobal

 PONTEVEDRA> Arranca a campaña de abonados do club Dicsa Modular Cisne Balonmano. O conxunto pontevedrés estrease este ano na máxima competición deste deporte e precisa, máis ca nunca, do apoio da cidadanía.

O Cisne precisa da axuda de todos os pontevedreses. O club arrancará nas vindeiras semanas a tempada máis emocionante dos últimos anos na máxima categoría do balonmán español e, para facelo, necesita que toda a afección se una á súa nova campaña de abonados.

Tras conseguir ascender á Liga Asobal, o club pontevedrés quere seguir medrando. Por iso, ante a incerteza do que acontecerá nos vindeiros meses nos pavillóns deportivos, o conxunto branco asegura que fará todo o posible para que ninguén se quede sen ver aos seus xogadores nas pistas.

Co obxectivo de atraer a unha gran cantidade de xente, o Cisne decidiu non subir demasiado os seus prezos. De feito, as cotas van dende os 30 euros para os xuvenís ata os 95 para os adultos. Ademais, tamén hai abonos familiares e carnés de simpatizantes.

O Cisne ten xa todo preparado para que esta sexa unha tempada histórica e agora soamente necesita o apoio de toda a cidadanía para seguir mantendo vivo o soño de xogar en Asobal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí