O cuatripartito do Grove presenta un orzamento de 13,6 millóns de euros

    cacabelos100_140808.jpgO GROVE > O cuatripartito remitiu hoxe á oposición e ó comité de empresa do concello o borrador dos orzamentos de 2008, que ascenden a 13,6 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/orzamento_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE > O cuatripartito do Grove remitiu hoxe á oposición e ó comité de empresa do concello o borrador dos orzamentos de 2008, que ascenden a 13,6 millóns de euros. Vén a ser un 48 por cento máis que ó do ano pasado, que foi de 9,2 millóns. Para os investimentos, o Concello destinará dous millóns e medio de euros, principalmente para mellorar dous servizos indispensables, segundo o goberno local, para mellorar a imaxe do Grove, con 165 mil euros en equipamentos da Policía Local e Protección Civil e máis dun millón en limpeza.

    Obras de saneamento, ou a casa consistorial son algunhas outras actuacións que recolle o borrador. O alcalde indicou que a maioría das áreas municipais terán unha partida similar ou algo maior que no 2007. Para facer fronte a todo iso o cuatripartito espera ingresar 1,7 millóns de euros a través de acordos coa Xunta, ademais de pedir un préstamo de 870 mil euros.

    Pero, sobre todo, os ingresos veranse aumentados trala auditoría fiscal iniciada xa en marzo, que está a revisar taxas e impostos. O estudo xa ten constatado que o Concello está a deixar de ingresar unha importante cantidade de diñeiro no cobro destes recibos.

    Entre os gastos, Cacabelos destacou dúas partidas obrigadas. Unha, de 850 mil euros para amortizar a débeda de dous créditos solicitados polo anterior goberno. E outra para o cadro de persoal. O alcalde mantén aberta a negociación cos funcionarios pola suba salarial aínda que considera inasumible a súa petición. O que si recolle é unha partida de 30 mil euros para o plan de pensións, ademais da consolidación de prazas. O cuatripartito espera levar este borrador a pleno o vindeiro día 28.

    Redacción Salnés