PONTEVEDRA> A Illa das Esculturas acollerá mañá o XXV Campionato galego de campo a través adaptado. O evento reunirá na cidade a 16 clubs de toda a provincia e a 200 atletas con discapacidade intelectual.
200 atletas con discapacidade intelectual participarán mañá no XXV Campionato galego de campo a través adaptado. Unha cita na que se reunirán 16 clubs de toda a provincia de Pontevedra e un deportista independente con parálise cerebral. O evento, que supera o récord de participación, terá lugar na Illa das Esculturas.
Os atletas dividiranse en tres categorías: competición, adaptada ou xogo, e correrán entre 500 e 3.000 metros. O portavoz do club Xoán XXIII animou esta mañá a todos os pontevedreses e pontevedresas a achegarse ata a Illa do Cobo.
A cita, que comezará ás 11.00 horas, está organizada pola Federación galega de deporte adaptado, en colaboración coa Concellería de Deportes e o club Xoán XXIII.