Aberto o prazo para presentar alegacións ao macropolígono da Barbanza

    alegacionspoligonocomarcal_100_140808.jpgPOBRA> A documentación estará exposta na Xunta de Galicia e nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira

    Con este trámite dase un paso máis para a construción do polígono industrial comarcal que se situará na zona de Moldes, entre os concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, que disporá de máis dun millón de metros cadrados de superficie, dos que aproximadamente a metade estarán ocupados pola actividade meramente industrial.

    Dese total ó redor de 311 mil metros cadrados serán destinados a zonas verdes, e outros 32 mil estarán reservados para equipamento.

    Esta mañá o rexedor pobrés amosou a súa satisfacción por esta nova, que considera prioritaria para o desenvolvemento desta comarca.

    {flowplayer}barbanza/alegacionspoligonocomarcal.flv{/flowplayer}

    Dous meses de prazo

    Durante os dous próximos meses, tódalas persoas interesadas poderán consultar e presentar alegacións ó proxecto.

    Tanto o plan como o informe de sostibilidade ambiental estarán expostos na propia Consellería de Vivenda e nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira.

    Primeiro trimestre de 2009 

    Unha vez rematado o período de exposición pública e o estudo das alegacións, a Consellería de Vivenda sacará a licitación a obra, un trámite que podería realizarse a finais deste ano.

    Se todo marcha segundo o previsto no primeiro trimestre do ano 2009 poderían iniciarse os traballos de construción do macropolígono.

    Con esta obra o que se pretende é cubri-la elevada demanda de solo industrial, unha carencia na maioría dos concellos da comarca, xa que existen numerosas empresas interesadas en instalarse nesta zona.

     

    Redacción Barbanza