As consultas turísticas aumentaron un 35% en Arousa Norte esta Semana Santa

    BARBANZA> As cifras sitúan a esta comarca coma unha das máis relevantes dentro da oferta da nosa comunidade. O presidente da Mancomunidade Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, presentou hoxe os datos de consultas recollidas nas catro Oficinas de Turismo dos concellos que integran entidade ó longo da pasada Semana santa, concretamente do venres 7 de abril ata o domingo 16 do mesmo mes. As cifras acadaron un volume de 1.271 consultas atendidas. O que supón un incremento medio de ó redor do 35% con respecto ó mesmo período do ano anterior En canto á procedencia, a maioría das consultas foron realizadas por turistas da nosa comunidade, na súa maioría, aínda que tamén doutras zonas do norte da Península, concretamente, de Castela León e País Vasco, seguidos de Madrid, sendo o entorno natural e a oferta náutica as principais cuestións demandadas. Dende Arousa Norte informouse de que se está a traballar xa na elaboración dun sistema homoxeneizado na recollida de datos por parte das oficinas de turismo e noutro dirixido ós establecementos hostaleiros da zona, de cara a analizar os índices de ocupación e as visitas gastronómicas.