![]()
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra e o colectivo ecoloxista ADEGA volven a colaborar nunha nova campaña de compostaxe doméstica;…
{flowplayer}images/salnes/campana_composteiros_120313.flv{/flowplayer}
… ou o que é o mesmo, reconverter o lixo orgánico en abono de gran calidade para as nosas plantas. Desta volta a iniciativa continúa nas parroquias de Marcón, Bora e Mourente onde se repartirán outro medio cento de composteiros domésticos coma este de 320 litros de capacidade.
Participar neste proxecto ecolóxico é de balde, só abonda con cumprir unha serie de requisitos ben sinxelos para formar parte do programa. O prazo para anotarse ábrese este mesmo xoves 14.
O proceso de compostaxe rematará a finais de ano que será cando se faga a avaliación do mesmo e se analice o grao de satisfacción dos novos veciños “verdes” de Pontevedra.
Redacción Salnés











