Porto do Son xa ten campo de herba artificial

inauguracioncampofutbolportoson_100_140808.jpgPORTO DO SON>  Salvador Fernández, presidente da Deputación, inaugurou obras de remodelación do campo de fútbol do Preguntoiro.

Ó acto inaugural, presidido polo presidente provincial e o alcalde de Porto do Son, manuel Tomé, asistiron ademais diversos membros da corporación municipal e a deputada provincial, Rosana Pérez.

Como convidados de excepción, os rapaces das distintas escolas deportivas do municipio que desenvolveron distintas actividades para dar por inaugurado oficialmente o novo terreo de xogo.

Precisamente un deles foi o encargado de destapa-la placa conmemorativa da inauguración do acto.

400 mil euros de investimento

Ademais da substitución do campo por herba sintética, procedeuse á instalación de rego de longo alcance e a dotación dun sistema de drenaxe, así como diverso equipamento deportivo.

Todo elo supuxo unha inversión de preto dos 400 mil euros, financiado o 85 por cento pola Deputación coruñesa e o 15 por cento restante polo concello.

O campo do Preguntoiro vense sumar ós 45 novos campos de herba artificial promovidos pola Deputación en toda a provincia da Coruña.

Un paso máis no seu programa de promoción do deporte, a través da mellora das infraestruturas, o impulso do deporte base e as subvencións a deportistas profesionais.

Outras actuacións

O presidente de A Deputación  fixo referencia a outras actuacións que o organismo provincial ten en marcha neste concello como é o caso da piscina climatizada ou a casa de cultura de Portosín.

Pola súa banda o alcalde sonense agradeceu a inversión realizada nesta actuación, así como tamén a outras obras sufragadas polo organismo provincial neste concello.

Redacción Barbanza