A FEB celebra o sorteo de premios da súa campaña comercial de Nadal

    LOUSAME> Nesta edición repartíronse 207 vales de compra por un importe de cen euros, en total preto dos 21 mil euros en premios. baixo a supervisión do notario de Boiro, José Prieto, este mediodía desenvolvíase no restaurante O Trapeiro de Lousame o tradicional sorteo de premios da Federación de Empresarios do Barbanza, unha vez concluída a campaña comercial desenvolvida durante este Nadal. Por terceiro ano consecutivo a campaña aglutinou á totalidade das patronais das comarcas do Barbanza, Sar, Muros—Noia e Xallas. En total nove asociacións empresariais con ó redor de 400 comercios adheridos como explicou o vicepresidente da patronal comarcal, Marcos Romero, durante o sorteo.. Unha a unha fóronse retirando as 207 rifas premiadas este ano, cada unha cun valor de cen euros en vales de compra, que poderán ser canxeados polos afortunados nos comercios adheridos á campaña. En total preto dos 21 mil euros en premios. A lista de premiados xa pode consultarse a través da páxina web da propia patronal comarcal: www.feba.es.