A PDRA traslada á corporación de Ribeira o seu rexeitamento á mina do Touro

RIBEIRA> A confraría de Ribeira acolleu a pasada tarde unha xuntanza promovida pola Plataforma en defensa da Ría de Arousa á que asistiron os patróns maiores arousáns e representantes da corporación ribeirense. O obxectivo da reunión era propoñer a presentación dunha moción en contra da mina do Touro. Representantes da plataforma en defensa da ría de Arousa xunto con boa parte dos patróns maiores de Arousa expuxeron ante os representantes da corporación municipal de Ribeira os efectos que tería sobre a calidade das augas a reactivación da mina do Touro. O proxecto de ampliación para a explotación do xacemento de cobra suporía, segundo o sector produtivo, un foco de contaminación do leito das augas do río Ulla. Substancias tóxicas e nocivas que porían risco a produción marisqueira e o cultivo en bateas, actividades estratéxicas na economía local. Por estas razóns, propoñen ó pleno o debate dunha moción para instar ás Consellerías do Mar e de Economía a desestimar a autorización para o proxecto de explotación da mina. No seu lugar, propoñen á Xunta unha completa resrauración da antiga explotación mineira de Touro, eliminando a contaminación de metais pesados dos afluentes do Ulla asgurando que non queda comprometida a calidade ambiental do río nin da ría de Arousa.