O Centro Sociocomunitario da Pobra busca reducir a fenda dixital co seu novo equipamento informático

A POBRA> O Centro Sociocomunitario da Pobra estrea equipamento informático. Dispón de oito portátiles, dous monitores e unha televisión de 55 pulgadas para facilitar o acceso a internet dos maiores, reducindo así a fenda dixital.

O centro sociocomunitario da Pobra dispón dun aula de informática totalmente renovada. Trala reforma das instalacións, a Fundación La Caixa vén de dotala de novos equipos, de manexo máis doado para facilitar o acceso a internet dos seus usuarios.

Ademais do uso libre desta aula, o centro programa cursos de informática para reducir a fenda dixital e facilitar a xestión de tarefas cotiás a través da web.

Os cursos desenvólvense durante todo o ano, a excepción dos meses de verán, e contan con gran demanda.