Castrosúa e Galicia Xove, gañadores da Rías Baixas

castrosua250_180808.jpgVIGO > O "Castrosúa” de Guillermo Alonso e o “Galicia Xove Caixanova” de José Lis, proclamáronse esta pasada fin de semana vencedores da 45 edición da Regata Rías Baixas Martín Códax. A proba reafirmouse un ano máis, como a máis importante dentro do calendario nacional de regatas por etapas.

Púxose o peche á Rías Baixas Martín Códax por este ano. Máis de 130 barcos déronse cita nesta competición que foi tan disputada e espectacular coma sempre.

A falta de vento na última xornada fixo que a organización tivese que retrasar a saída en dúas horas. Tralo percorrido de 18 millas náuticas que separaba os náuticos de Sanxenxo e Vigo, os vencedores foron en categoría Regata o Castrosúa, patroneado por Guillermo Alonso, e o Galicia Xove Caixanova en Regata – Cruceiro.

Á entrega de trofeos e acto de clausura realizado na sede do Náutico de Vigo acudíu boa parte da flota, así como diferentes persoeiros do mundo da política, como a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, ou o Presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga. Alí tamén se entregaron os premios os primeiros clasficados en categoría Cruceiro –Regata, que se levou o Terras Gauda de Michel Álvarez, e o Longarela de Luisa de la Rocha en Clase Cruceiro.

Redacción Salnés