O Celta pasou por enriba do Extrugasa e levouse o derbi

extrugasa250_091008.jpgVILAGARCÍA > O Celta gañou o derbi galego da Liga Feminina de baloncesto que se celebrou en Fontecarmoa. Impuxéronse ó Extrugasa por 18 puntos de diferencia. As locais demostraron que aínda lles queda moito traballo por diante para lograr ser un equipo compacto e difícil de batir.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_091008.flv{/flowplayer} 

Como sucedeu nos últimos tres enfrontamentos e tamén no último derbi ligueiro, o Celta foi mellor que o Extrugasa e levouse a victoria.  As diferencias que se puideron ver onte sobre o parqué de Fontecarmoa foron moito maoires ás que se agardaban. 53-71 dezaoito puntos de diferencia, que sí reflicten a realideade.

As viguesas comezaron a manexar rentas cercanas ós dez puntos xa no primeiro cuarto, rompendo o encontro a base de triples e dificultando o xogo das interiores do Extrugasa, que estiveron horribles. Cun 30% de acerto en lanzamentos de campo e collendo 15 rebotes menos que o rival é o moi difícil gañar.

A distancia ó descanso era xa de 16 puntos, 22-38, e semellaba que nin sequera o público confiaba nunha remontada. Agne Ciudariene, por dentro, e Alba Torrens no xogo exterior continuaban a comandar a un Celta que se sentíu moi cómodo na pista ata o fiinal. 

No outro bando, Sara Gómez mantivo ás súas a base de orgullo; rematou como máxima anotadora do encontro xunto a Torrens con 17 puntos.

Así as cousas vilagarciáns e viguesas quedan cunha victoria cada unha na clasificación. Mala pinta ten o Extrugasa se é que a aportación das novas vai ser como a de onte: Sholokova e Zlatanova, pasaron inadevertidas, Alexis fixo dous puntos, e Young, máis activa, chegou ata os 14 aínda que as veces pecou de individualista. Aínda queda moito traballo por facer.

Redacción Salnés