Os hoteis poderán crear á carta guías turísticas do Salnés

     O GROVE> A Mancomunidade do Salnés ofrece ós establecementos turísticos unha plataforma informática con máis de 800 recursos.

    {flowplayer}images/salnes/INFORMACION_HOSTALEIROS_SALNES.flv{/flowplayer}
     
    Os establecementos de hostalería do Salnés poderán actuar como guías turísticos e deseñar rutas e axenda de actividades ós seus clientes. E para iso dispoñen dunha plataforma de internet promovida pola Mancomunidade do Salnés con máis de 800 recursos, con praias, rutas de sendeirismo, restaurantes, adegas, entre outros. Do que se trata é de que cada establecemento rescate da plataforma informática da Mancomunidade a información que precise ou reclame o cliente. E despois a entregará impresa, vía e-mail ou código QR.
     
    O presidente da Mancomunidade participou na presentación deste novo sistema de información a asociación de hostaleiros da comarca, acto que se celebrou no Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés, na Lanzada.
     
    Gonzalo Durán tamén informou ó sector das xestións feitas na última Feira Internacional de Turismo, Fitur, celebrada en Madrid. Neste caso foron encamiñadas a atraer turistas do Leste de Europa, e para iso contactaron co director da oficina de Tourespaña en Moscú. Durán explicou ós hostaleiros do Salnés que se está a deseñar unha ruta desde Lisboa a Santiago de Compostela e que hai interese por pasar pola comarca.
     
    Para Gonzalo Durán esta é a primeira reunión que mantén co sector desde que é presidente da Mancomunidade.
     
    Redacción Salnés