![]()
SALNÉS > O conflito dos mexilloeiros fai perigar máis de dous mil postos de traballo. Así o indica a asociación de fabricantes de conservas, ANFACO.
Anfaco indica que a actual situación que vive a industria transformadora ante a presión exercida por unha parte das organizacións mexilloeiras está pondo en perigo a estabilidade no emprego de máis de dous mil traballadores de conserveiras ou cocedoiros. Anfaco advirte que este conflicto pon en risco a perda de mercados para o Mexillón de Galicia, xa que cre que de persistir esta situación será substituído paulatinamente por mexillón doutras procedencias.
Acusa de irresponsables ós dirixentes de determinadas organizacións mexilloeiras e de levar ó sector a unha situación insostible por escuros intereses. Anfaco nega que esta situación se deba á importación de mexillón de fóra de Galicia e apunta que detrás está o interese dalgúns produtores. A asociación cre que os produtores pretenden que a industria absorba o excedente de mexillón que tiveron trala perda de mercado en Italia ou Francia.
Redacción Salnés






