Premio ós mellores piropos con ceas no Parador

    piropossanvalentin copia.jpg CAMBADOS> É a esencia da campaña de San Valentín de Cambados Zona Centro. Para participar haberá que subir os piropos ó seu muro en Facebook.

    {flowplayer}images/salnes/NAMORADOS_ZONA_CENTRO_270112.flv{/flowplayer}

    Atrás quedaron os vales compra e os sorteos. A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro decidiu subirse ó tren das novas tecnoloxías e este San Valentín haberá que conectarse ó facebook para poder conseguir unha cea con barra libre no Parador de Cambados. Iso si, o paso previo será mercar nalgúns dos establecementos asociados.

    Pero ter conta de facebook propia non é imprescindible. Para aqueles que aínda non estean conectados a esta rede social, Zona Centro ofrece a posibilidade de enviar os seus piropos por correo electrónico ou SMS.

    Tódolos piropos publicaranse no muro do Facebook de Cambados Zona Centro e os que reciban máis ‘Me gusta’ ata o 16 de febreiro, é dicir, máis votos, serán os gañadores directos das seis ceas no Parador. A maiores, a organización sorteará outras dúas entre tódolos participantes.

    Redacción Salnés